Festicultores é unha banda de música de rúa cun único obxectivo: Cultivar a festa máis salvaxe baseada na música, o humor, o baile e a desinhibición cerebral…
DENDE 2005 CULTIVANDO FESTAS EN MÁIS DE 900 ACTUACIÓNS, CONTAXIANDO O MUNDO COA NOSA MÚSICA, ENERXÍA FESTIVA E DANZAS CHAMÁNICAS SANADORAS.
MEMBROS
Todo comeza nunha noite de lúa chea: Emilio Oro sofre unha transformación xenética e cerebral que o leva a converterse na Kabra Macabra. Despois de meses viaxando co seu carro de música itinerante e de moita vida social, decide reclutar tropas para revolucionar o mundo dos pasarrúas en Galicia e polo mundo.