TEMOS O MELLOR grupo para FACER bailar ATA AS farolas, E NON, NON o decimos de broma.

FORMATO PASARRÚAS

Festicultores Troupe é un proxecto de vangarda que busca innovar dentro dos desfiles, desmarcándose por completo do resto de charangas xa existentes, achegando ao público a un espectáculo que, sen dúbida, fará bailar e divertirse a tódolos públicos.

FORMATO DE CONCERTO

Un espectáculo onde demostraremos a nosa especialidade:

Deslumbra coa festa máis poderosa e atrevida, baseada na música, o humor e a danza.

E que mellor que un concerto con boa vibra, onde os pés dormen de tanto saltar, doe a barriga de tanto rir.

EVENTOS

Podes contratarnos para calquera evento no que queiras incorporar boa música, baile e moito humor.

Queres montar un espectáculo no que poidas asegurar a diversión ós teus convidados? Pois non queremos ser nós os que o digamos, pero con nós estará asegurado.

BÓTANOS UN OLLO