FESTICULTORES TROUPE

CULTIVADORES DE FESTAS

Festicultores é unha banda de música de rúa cun único obxectivo: Cultivar a festa máis salvaxe baseada na música, o humor, o baile e a desinhibición cerebral…


Onde queira que vexas o seu nome, a diversión está asegurada… e sábe-lo!

Festicultores Troupe, os únicos e auténticos cultivadores de festas, estamos preparándonos física e mentalmente, como nunca, para poder resistir a nova tempada.

Este ano, ademáis da nosa incríble preparación física, contaremos co noso único e espectacular artefacto sonoro de tecnoloxía punta alieníxena galáica.

O 2023 será o ano da Festicultura, o mundo perderá a cordura e os Festicultores demostrarán unha vez máis a involución e a inmadurez sufridas nestes 18 anos da nosa exitosa traxectoria rural.

ESPECTÁCULOS

Contamos con 18 anos de historia e máis de 900 actuacións en varios países como Portugal, Francia, Serbia, Polonia, España e unha capacidade irrefutable: cultivar a festa máis ULTRAMEGASUPERDIVERTIDA do universo mundial.

SERVIZOS

ANIMACIÓN DE RÚA

Festicultores Troupe é un proxecto de vangarda que busca innovar dentro dos pasarrúas, desmarcándose por completo do resto de charangas xa existentes, achegando ao público a un espectáculo que, sen dúbida, fará bailar e divertirse a tódolos públicos.

CONCERTOS

Un espectáculo onde demostraremos a nosa especialidade: Deslumbrar coa festa máis potente e atrevida, baseada na música, o humor e o baile.

EVENTOS

Podes contratarnos para calquera evento no que queiras incorporar boa música, baile e moito humor.

ONDE NOS VICHES?